Operarios municipais instalaron a primeira hora da mañá un andamio detrás do altar que facilitou a colocación dun pequeño guindastre co cal se baixou o Cristo de madeira previamente engasado, recuberto e protexido con material plástico de embalaxe. O traslado realizouse coa máxima precaución para evitar posibles danos na figura que conta cun século de antigüidade.
A peza atópase nun estado de avanzado deterioro, pesa arredor de 100 quilos e mide preto de 3 metros de altura. Os expertos coinciden en diagnosticar que, malia os danos producidos na madeira, a peza –que foi doada por unha familia cambadesa á Igrexa hai máis de 100 anos- é recuperable.
O restaurador José Manuel Aguiño vai realizar no seu taller un diagnóstico en profundidade da imaxe relixiosa para determinar a viabilidade dunha restauración e a canto poderían elevarse os custes da mesma. Según o alcance destes presupostos, decidirase se se leva a cabo a recuperación da imaxe do Cristo crucificado.
Información: Pontevedra Viva e Concello de Cambados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.