Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de agosto de 2014

O NERVIOSISMO DE ARAGUNDE É PALPABEL







Fátima Abal reclama a Aragunde que rectifique públicamente a  actitude mostrada no Pleno do xoves, onde mentíu sobre supostas declaracións da voceira socialista vertindo inxurias sobre a súa persona.
Os socialistas reclaman que o Alcalde se preocupe de reorientar a súa conducta para que Cambados deixe de ser un exemplo de oscurantismo sinalado por todos e de verdade mostre a transparencia que todo Concello debe presentar.
Os socialistas de Cambados afirman sentirse atónitos ante a deriva nas argumentacións e declaracións que está tomando o Alcalde Luis Aragunde. Sinalan dende o PSdeG que o último Pleno municipal supuxo un punto de necesaria inflexión xa que consideran que "Aragunde está tocando fondo". Refírense, principalmente, ás declaracións de Aragunde nas que acusou á voceira socialista de calificalo como "alcalde cabrón" na recente concentración dos traballadores da piscina. Abal mostrou a súa indignación porque as acusacións de Aragunde "son absolutamente falsas", e afirmou que "nunca eu perderei os papeis desa maneira, e nunca basarei as miñas argumentacións en insultar ou descalificar a outros, e aínda menos en mentir para buscar desprestixiar as opinións dos demáis. Nunca foi a miña forma de comportarme e nunca o será".

Segundos despois de verter semellante inxuria, e ante a mirada atónita da voceira socialista contestándolle que eso era mentira, o Alcalde  cambiou a súa versión e dixo que realmente o que profireu os insultos foi outra persoa pero que polo feito de que esa “suposta persoa” e Fátima Abal colleron xuntos , nun momento determinado, unha pancarta, para él é como se eses insultos os fixese a propia voceira socialista.
Abal reprocha a Aragunde que faga ese tipo de declaracións, e que se perda en mentiras e desvaríos, e recomendou que "para evitar eso, e para saber realmente o que pensamos os cambadeses, o que tiña que ter feito era estar na defensa dos dereitos e reivindicacións dos traballadores da piscina. Así tería defendido e axudado aos seus veciños e tamén podería escoitar o que decimos".
Os socialistas de Cambados plantexan que o Alcalde está a perder os papeis porque, cada vez con maior frecuencia, destápanse actuacións e actitudes fora de lugar e lonxe da transparencia e claridade que se lle debe esixir a un dirixente político. Así, lembran os recentes informes do Valedor do Pobo, que reafirman as reclamacións dos socialistas sobre a continua vulneración dos dereitos dos concelleiros socialistas en Cambados ao negarlles o acceso á información á que legalmente teñen dereito, non contestando  ós escritos nin atendedendo ós rogos que os socialistas  lle fan en sede plenaria. Apuntan tamén á continua aprobación de asuntos de relevancia no Concello de Cambados, entre os que hai contratacións de persoal e gastos inxustificados, en contra dos informes dos técnicos.

Dende o PSdeG perciben un certo nerviosismo crecente no PP local e especialmente na figura de Luis Aragunde,” quen cando se ve acorralado e non sabe como defenderse, xustifícase mentindo e inventando cousas tan absurdas como as proclamadas  no Pleno do xoves”  e esixen,  ademáis, que Luis Aragunde cambie de actitude e se empece a comportar  como debe comportarse un Alcalde.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.