Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de agosto de 2014

A TOXINA EMPEZA A REMITIR E ABREN NOVOS POLÍGONOS





Parece que a biotoxina comeza a remitir nos polígonos bateeiros. A situación permitiu a reapertura de seis polígonos de bateas e dous bancos marisqueiros en Arousa e Vigo.

As últimas análises do Instituto para o Control do Medio Mariño certifican que as células tóxicas dan unha tregua. Permítese asi a apertura de seis instalacións máis en Arousa, a ría máis rica en bateas de Galicia , xa que se concentran 2 mil das tres mil que salpican a costa. Catro están na zona da Pobra e dous en Vilagarcía. Xa son 13 das que se pode extraer mexillón para comercializar, o que representa un 26 por cento do total, 38 polígonos permanecen pechados nas rías. 
 Xa están abertos dezaseis polígonos en toda Galicia.  Con esta apertura de finais de agosto xa se pode extraer mexillón de case o 30 por cento dos polígonos galegos. O momento é clave porque o sector conserveiro agarda que a situación se normalice para comezar coa campaña de elaboración do molusco. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.