O auditorio da Xuventude de Cambados acolle este domingo, ás 20:30 horas, a actuación da pianista do Xapón Mine Kawakami, unha actividade que se enmarca dentro do programa do ano dual España-Xapón, e que levou a esta pianista a dar concertos en varios puntos de Galicia durante este ano, o último onte na Catedral de Santiago de Compostela.
En 1996 comeza a súa carreira como compositora. A súa música cálida, envolvente,suxestiva e cargada de enerxía positiva é un claro reflexo das moitas experiencias obtidas nas súas viaxes por distintos recunchos do mundo. Fala á perfección español, xaponés e alemán. Os concertos de Mine Kawakami caracterízanse por unha fluída comunicación co público, ao que axuda a introducirse na paisaxe musical que describe con divertidas e interesantes anécdotas e explicacións.
Entre os proxectos que realizou destacan o concerto a dous pianos xunto a Chucho Valdés no Teatro Amadeo Roldán da Habana no 2004. No 2005 foi a pianista e compositora oficial da Expo Internacional Aichi 2005 (Xapón), no 2008 trae a España "Os Concertos do Soño", unha proposta experimental nada en Xapón, que se achega e subliña algúns conceptos da musicoterapia e en 2013 Mine Kawakami foi a encargada de compoñer "Sonata samurai" dentro dos actos culturais organizados para a conmemoración do "Ano dual España-Xapón", estreándose esta composición o pasado 11 de xuño no Teatro Real de Madrid, ante a presenza dos Príncipes de Asturias e o Príncipe Herdeiro do Xapón, Naruhito. O 11 de marzo de 2014, toca no interior da Mezquita-Catedral de Córdoba un extraordinario concerto que reuniu a máis de 1.400 persoas.
En palabras de Mine "O piano pode expresar infinidade de posibles sons, ritmos e tons. Desexo que as miñas composicións e a miña forma de tocar transmita o conmovedor que poden resultar as árbores na jungla, o son do vento ou a voz da terra"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.