Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
21 de agosto de 2014
PREGUNTAS DOS SOCIALISTAS PARA O VINDEIRO PLENO
O grupo municipal do PSOE de Cambados aproveitará o pleno da próxima semana para preguntar por varias cuestións de actualidade, entre elas a situación que atravesa a Policía Local e a que afecta ao servizo da piscina municipal e aos seus traballadores, aos que se lles deben varias nóminas. Tamén pedirán do alcalde unha resposta en relación aos desbordamientos e malos cheiros na depuradora de Castrelo, a negociación da Relación de Postos de Traballo (RPT) e sobre unha denuncia presentada no xulgado contra el por un presunto delito de prevaricación. Outra das preguntas que faran os Socialistas de Cambados sera sobre as axudas aos universitarios. Ademais queren saber, ademais, que criterios seguíronse para colocar o cartel rotulado «Cambados capital do Albariño» na rotonda de Vilariño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.