Na mostra, que se celebra durante todo o fin de semana, poderá verse o traballo de profesionais de oficios como a madeira, o textil, o encaixe, o coiro, a cerámica, fórxa, a cestería, a bisutería ou a pedra.
Ademais da exposición e venda dos produtos, completan o programa actividades paralelas relacionadas coa música, a exposición de pezas e as demostracións en vivo. Os visitantes poderán visitar a feira no Paseo da Calzada, un espazo próximo ao centro da vila e ao conxunto histórico de Cambados.
Poderanse ver postos de cerámica, cadros, figuras en ferro, flores secas, botellas decoradas, escultura en pedra, arte en area, xoiaría, cestaría, coiro e produtos alimenticios como mel, pan artesán ou queixo.
A Destacar que 25 rapaces participan nesta edición con varios talleres ofertados durante o verán dirixidos a escolares para aprender nocións básicas de traballos en coiro, arame, pintura en tea ou reciclado de material. Tamén se desenvolverá un taller de plantas medicinais e de aroma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.