Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de julio de 2014

O B.N.G. PREGUNTA POLA CANTIDADE DESMESURADA DE MULTAS





O B.N.G. de Cambados ven de presentar un escrito no concello relativo prohibición de aparcar en varias rúas de Cambados.


O grupo municipal do BNG ven de reunirse con veciños e veciñas da rúa Borrón, os cales lle transmitiron  o seu malestar porque desde hai uns días non se  permite aparcar vehículos na súa rúa e que esta decisión municipal foi tomada de xeito unilateral, sen ningún tipo de información previa por parte do concello e sen ofrecerlles ningunha opción para solucionar o problema que lle están a crear con esta decisión. Que con posterioridade a esta reunión, veciños/as de Fefiñáns falaron co BNG para informarlles de que teñen a mesma problemática e de que a policía municipal lles informou que deben  ir acostumándose a non aparcar na rúa (tampouco entende o BNG iso de “ir acostumándose”, porque ou está prohibido aparcar ou non o está. 
Semella, ademais, que polas múltiples queixas deste tipo, que se están a escoitar estes días en Cambados, hai moitas rúas de características semellantes (semipeonís e con vivendas que adoitan carecer de garaxe) nas que se están a multar aos veciños/as sen que entendan porque en rúas onde levan anos aparcando, de súpeto se lles estea a multar e, mentres tanto, na Praza de Fefiñáns, nun conxunto cualificado de BIC, está permitido aparcar.

Os nacionalistas queren que desde a alcaldía se responda ás seguintes preguntas:
1.- En que rúas semipeonís de Cambados está prohibido  o aparcamento na súa totalidade? Cando  tomou o concello esta decisión?
2.- Por que se nestas rúas, está prohibido aparcar, non hai sinalización permanente que o indique?
3.- Quen tomou a recente decisión de cambiar o criterio, nestas rúas, e comezar a multar por aparcar, cando con anterioridade non se facía?
4.- Por que non se informou aos veciños/as deste cambio de criterio?
5.- Cando se prohibirá o aparcamento na Praza de Fefiñáns, que si é imprescindible?
            




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.