Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de julio de 2014

NIN ENTRE ELES SE ACLARAN






O anteproxecto de reforma de Lei de demarcación e planta xudicial non pon en perigo a continuidade do Xulgado de Cambados. Así o asegurou esta mañá  o Subdelegado do Goberno en Pontevedra. Unhas declaracións que non convencen ó rexedor cambadés que ven de pedir unha reunión específica da FEGAMP para elevar as súas protestas ante o Ministerio de Xustiza.
Imaxe TeleSalnés

O anteproxecto de Lei de Demarcación e Planta Xudicial segue preocupando, e moito, ós cambadeses. O Subdelegado asegurou que este non era o momento de polémicas, máxime cando entende que o anteproxecto non prevé o peche de ningún xulgado. O Alcalde de Cambados, Luís Aragunde, non está dacordo co Subdelegado e cre que seguir loitando é a única maneira de que Cambados siga tendo os catro xulgados nas mesmas condicións que actualmente. O Concello de Cambados ven de solicitar unha reunión especial da FEGAMP para facer presión ante o Ministerio de Xustiza e pedir unha xuntanza directa co Ministro do ramo, Alberto Ruíz Gallardón. Luís Aragunde pediu tamén ó Subdelegado a súa intermediación para renovar as instalacións da Garda Civil de Cambados; xa que el non ten peso político en ningures.
Incluso chegou a decir que si quitan os xulgados a Cambados sería como se quitaran o aeroporto de Barajas, aludindo ao pasado coma rexidor desta cidade do sr. Gallardón.
A Xunta Local de Seguridade deste Concello, que cada ano se fai antes das Festas do Albariño, celebrouse esta mañá. Na mesma, fíxose balance do acontecido nos último meses en materia de seguridade cidadá. Neste concello, as distintas forzas de orde e seguridade que operan en Cambados perfilaron a actuación que desenvolverán a primeiros do mes de agosto, para facilitar o desenvolvemento das Festas do Albariño.
Da problemática dos aparcamentos e as conseguintes multas sen previo aviso non se dixo nada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.