Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de julio de 2014

CONCERTOS DO ALBARIÑO 2014








Concertos Festas Albariño 2014
O programa de concertos da LXII Festa do Albariño que se celebra coma todos os anos en Cambados xa está pechado. Comenza con Iván Ferreiro, que xa actuou no municipio fai sete anos, e Delafé e as Flores Azules serán os protagonistas do primeiro concerto, que terá lugar o día 30 en Fefiñáns. Ao día seguinte, celebrarase a tradicional gala, na que se entregarán os premios a destacadas personalidades do deporte e a cultura. De poñer a música encargaranse Café Quijano e Edurne, xunto cun musical que inclúe números de Broadway. O venres será o día do grupo LA M.O.D.A, para os máis novos, e de Kiko Veneno. E o sábado reservouse para un artista máis internacional como é Juan Magán que chegará co “electrolatino".




30 de xullo de 2014

Iván Ferreiro
Delafé y las Flores Azules

31 de xullo de 2014
Café Quijano
Edurne

01 de agosto de 2014
Juán Magan


02 de agosto de 2014
Kiko Veneno

LaModa

03 de agosto de 2014

Como colofón á semana grande da Festa do Albariño, os nenos poderán gozar da posta en escena do espectáculo Petit Pop. Para o final da festa se reserva a actuación da Banda de Música de Castrelo como preámbulo ao espectáculo pirotécnico que pecha unha das festas máis internacionais da comarca e de Galicia
.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.