Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2014

O PROGRAMA DA TVE "COCINA2" EN CAMBADOS





"Cocina2", o espazo de cociña conducido polos irmáns Sergio e Javier Torres, regresa este mércores á 1. Cada semana, os xemelos visitan unha localidade da xeografía española co obxectivo de mostrar as súas materias primas e as súas distintas formas de preparación. Nesta ocasión, o programa desprazarase á localidade pontevedresa de Cambados para saborear un molusco tan barato como sabroso: o mexilón.
Apaixonados polos produtos mariños, os gemelos embarcaranse en busca do mexilón, un manxar con denominación de orixe e fama internacional. Xunto a un experimentado mariscador, Javier e Sergio visitarán unha batea para aprender todos os segredos sobre o cultivo deste molusco.

Ademais, Javier investigará outro gran produto galego, o viño albariño, mentres que Sergio continuará no mundo dos moluscos xunto a unha cooperativa de mulleres marisqueras.


Outra vez xuntos, os gemelos serán agasallados por Yayo Daporta, un cocinero con estrela Michelin e que participa coma xurado nun concurso televisivo de cociña. E á hora das propostas, os dous homenaxearán o traballo dos pescadores con receitas que respectarán o sabor a mar de todos os ingredientes que utilizan.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.