Detectáronse preto dun centenar de menores afectados, todos eles en idades comprendidas entre os 10 e 12 anos.
A Garda Civil detivo a pasada semana un mozo, veciño da localidade cántabra de San Vicente de la Barquera, como presunto autor dun delito de pornografía infantil cometido a través da Internet, pola suposta utilización de imaxes de menores con fins pornográficos.
As investigacións iniciáronse o pasado mes de maio cando os pais de varios menores do municipio pontevedrés de Meis denunciaron ante a Garda Civil de Cambados que os seus fillos estaban a ser coaccionados e ameazado a través das rede social Tuenti, por parte dunha suposta moza que lles esixía o envío de imaxes e vídeos con contido sexual relativo aos propios menores, a través da mensaxería de Whatsapp.
O autor destas ameazas identificábase na rede como unha rapaza de quince anos, utilizaba a fotografía dunha nena no seu perfil de Tuenti, primeiramente gañábase a amizade do menor e despois conseguía que lle enviase fotografías e videos realizando prácticas sexuais que, en principio, intercambiaba con outras imaxes similares que lles facía crer que eran dela mesma.
Durante os dous meses de investigación, que correu a cargo do Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cambados, todos eles en idades comprendidas entre os 10 e 12 anos, residentes nas comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Madrid e Valencia.
Finalmente, as pescudas concluíron coa identificación e detención do presunto autor que resultou ser un varón de 24 anos, J.C.G., veciño de San Vicente de la Barquera (Cantabria), que sería detido o pasado día 3 nesta localidade cántabra.
Fonte: Pontevedraviva.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.