Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de julio de 2014

FALTOU ARAGUNDE NA CONCENTRACION DE ONTE





Onte celebrouse a concentración organizada pola CIG e máis o BNG en Cambados contra o peche dos Xulgados da vila do Salnés que promove a nova 
reforma da Lei do Poder Xudicial impulsada polo ministro Gallardón. 
Unhas trescentas persoas reuníronse as portas do concello para

Os veciños concentrados onte, entre os que había simpatizantes de varios partidos da esquerda local, especialmente do BNG, que colideraba o acto, reclamaron o mantemento do partido xudicial porque "é unha das principais fontes de riqueza para Cambados. Cada ano trátanse 9.000 casos nos seus catro xulgados, o que mobiliza a moitos profesionais", comentou o concelleiro nacionalista Víctor Caamaño.
 As persoas concentradas ante o Concello de Cambados lanzaron proclamas contra o Goberno presidido por Mariano Rajoy, o PP, coma non contra o ministro Gallardón, contra a supresión dos partidos xudiciais e a concentración nas capitais de provincia e a privatización dos registros civís.
Imaxe: Montse Prado

O extrano do caso e que Aragunde, alcalde de Cambados non tivo a valentía de aparecer pola plaza do concello para amosar a sua postura en contra desta lei.
Non pedimos que esté trala pancarta pois era un acto organizado por outro partido, pero xa que tanto se lle enche a boca defendendo a Cambados o mínimo era a sua presenza  aínda que so fose nun segundo plano como si fixeron membros doutros partidos non convocantes da concentración. Tampouco asisteu ningún outro representante do governo municipal.
En fin moitas palabras e poucos feitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.