Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de junio de 2014

MALESTAR ENTRE OS VECIÑOS DA PRAZA DAS RODAS




Sin encomendarse nin a Deus nin aos santos e por obra e gracia do concello a praza das Rodas (Cambados) volverá estar outro verán pechada ao tráfico. O Concello vai pechala este fin de semana, atendendo así á petición dos hosteleros da zona. A opinión dos veciños non conta. Pero para eso teñen a CORES DE CAMBADOS.
Tras saír publicada a nova na prensa varios veciños das rúas colindantes puxéronse en contacto con nos para que nos fixéramos eco do seu malestar.
Este lugar, desde hai uns anos é unha das zonas máis concurridas de ocio de Cambados. Chegado o verán a praza está chea de xente nas terrazas que a invaden. e que dificultan o paso de xente e vehículos.

Para evitar o paso de automóviles, o Concello colocará pivotes á entrada, no entronque coa rúa Príncipe, que estarán operativos durante todo o verán, sen precisar as datas. A estes hai que sumar os que van poñer pero desde o concello non din na rúa san Benito e que xa publicamos no seu dia ou na saída das rúas Sevilla e Novedades cara a Praza Fefiñáns. 

Un dos nosos lectores deixounos a sua queixa que repruducimos textualmente.

"Hola CORES DE CAMBADOS, son un veciño da plaza das Rodas como xa sabrás o noso excelentísimo alcalde decideu pechar a praza a petición dos catro hosteleiros que rexentan a praza, que pa el son mais importantes que os veciños por que varios veciños anos atras, máis de catro, fomos protestar e non fixo nada".
Cecáis esté ben cerrala pero hai que dar solución aos veciños e non se fai. Amén do dificultoso que é andar por ela coas cadeiras e mesas invadindo por completo a rua. Quen vería ter que desarmar todo para que puidera pasar un servizo de emerxencia, ambulancias, bombeiros........ En fin................

O concello debería ter estudado a maneira de que ocio e descanso, amén de comodidade conxugaran da mellor maneira, pero de todos é sabido que certas cousas non son compatibles cos que nos governan.

Artigos relacionados: OUTRA CHAPUZADA MÁIS
 O CONCELLO SEGUE COAS SUAS CHAPUZAS


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.