Maña sábado, día 14 de xuño, celebrarase en Cambados a primeira asemblea aberta de Podemos Cambados a que calquera persoa pode asistir. Será na planta alta da estación de autobuses as 18:00.
As asembleas abertas de Podemos son actos nos que calquera asistente poder dar ideas e participar na mesma.
As principais finalidades de esta primeira asemblea son a
presentación da formación, a presentación dos actuais membros e que a
xente con inquietudes políticas se coñeza.Dende Podemos Cambados queremos que o pobo poda participar nas políticas locais sen que se tomen decisións as súas costas e se malgaste o seu diñeiro.
Estaremos desexosos de resolver todas as dubidas que os asistentes teñan e agradeceremos cada nova idea que poda axudarnos a mellorar.
Porque no momento histórico que estamos, cando as tarefas que temos que acometer para botar fóra a casta que só nos ofrece austeridade e miseria baixo a excusa do pago dunha débeda ilexítima para que a minoría que reparte miseria siga no poder son urxentes, é cando máis necesario é que todas e todos participemos.
“É a hora da xente!”, diciamos antes das eleccións europeas e o mantemos agora. Que os cambios enormes que temos que acometer non nos asusten, confiemos no poder da xente: a democracia só se constrúe coa participación de todas e de todos.
Xa hai persoas detrás de PODEMOS Cambados. Trátase de Daniel Díaz e Carlos Gude, son o embrión do Circulo de Podemos en Cambados.
Só a xente salva xente.
A orde do dia da asemblea será a seguinte:
1º – Elección do moderador e do secretario.
2º – Explicación de Podemos.
3º – Comentarios dos compañeiros doutros círculos.
4º – Explicación do que he un grupo de traballo.
5º – Propostas de grupos de traballo.
6º – Rogos e preguntas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.