Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de mayo de 2014

SORTEADAS AS PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS DA DEPUTACIÓN.






A sala de prensa da Deputación de Pontevedra acolleu hoxe, desde das 10:00 h, o sorteo das prazas nos campamentos da Lanzada e nos polideportivos de Príncipe Felipe.

Deste sorteo, que será aberto, sairán os 2.500 nenos e nenas da provincia de Pontevedra que neste ano se beneficiarán das dúas iniciativas que a Administración provincial organiza cun dobre obxectivo: ofrecer unha oportunidade de lecer en compañía de nenos e nenas da mesma idade e con múltiples e variadas actividades e, por outra banda, contribuír a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais.
O éxito destas iniciativas queda patente no elevado número de solicitudes que se presentaron, tanto para os xa arraigados campamentos da Lanzada, con varias décadas de historia; como para os máis recentes campamentos polideportivos de Príncipe Felipe.
Por culpa de non por filtros pasará coma en anos anteriores. Rapaces e rapazas que nunca foron quedarán fora e outros que xa viviron a experiencia voltarán a poder ir. 
Somentes a pe de rúa pódese escoitar a cantidade de pais que se queixan da maneira de sortear as prazas.
Para os da Lanzada foron 3.235 as solicitudes presentadas (aínda que 36 tiveron que ser rexeitadas por non cumprir os requisitos esixidos), para un total de 2.200 prazas, polo que preto de 1000 nenos quedarán fora, moitos deles xa nunca poderán disfrutar dos campamentos por idade ou polo cansanzo dos pais que o tentan unha e outra vez sen éxito.


Sr. Louzán e compañía para o ano que ven trate de facer algo con máis sentido e tratar de favorecer a todos por igual.

Nas 48 horas seguintes á realización do sorteo estarán dispoñibles para a súa descarga os recibos de pagamento na web da DEPUTACIÓN. Os pais recibirán unha SMS coas claves para poder acceder a eles. No caso de que dous ou máis irmáns lograsen a praza disporán de recibos individuais para o pagamento das prazas de cada neno.

Cando estean dispoñibles os recibos deberá introducir o ID e a CLAVE que recibirá no SMS e descargar o recibo de pagamento correspondente.

O pagamento poderase realizar en calquera sucursal, mediante a banca electrónica e nos caixeiros habilitados de Novagalicia Banco presentando o recibo impreso (as dúas follas). A través da súa páxina de internet (http://www.novagaliciabanco.es/es/Banca-a-distancia/Pago-de-recibos) poderase pagar con tarxeta sen necesidade de ser cliente da entidade, introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo (non se trata dunha autoliquidación). 

Datas límite de pago 7 de xuño para A Lanzada e 14 para o Príncipe Felipe.
No caso de non facer efectivo o pagamento no prazo establecido no recibo, perderá o dereito á praza obtida e pasará esta a ser ocupada por un suplente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.