En varias ocasións tanto "CORES DE CAMBADOS" coma "A TI MEU CAMBADOS" denunciamos o estado de abandono no que se atopa a zona de Beleco, as rúas Caamaño Bournacell e Beleco e a praza feita na confluencia das duas rúas.
Onte por enésima vez "A TI MEU CAMBADOS", publicaba o estado no que se atopa dita zona e o uso, presuntamente irregular, de terreos para obras privadas.A todo esto tamén temos que denunciar que rematadas as obras a zona parece unha escombreira restos de losas tiradas, restos do asflatado e un monte de terra máis digno dun lugar abandonado que dun espazo onde deberían poder xogar os rapaces e disfrutar todos.
Aparte, sinalar que as canalizacións abertas para soterrar os tubos que se meteron non tardarán en afundirse posto que foron mal rematadas. Como di alguén que coñezo: "en España non se sabe traballar".Resulta que despois de meter od tubos tapáronnos cun pĺástico, botando enriba terra para rematar aplicando unha pequena capa de asfalto.
O lóxico sería que despois dos tubos se botara unha capa de formigón, terra e o asfalto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.