A T.V.G. fixo unha reportaxe sobre o fenómeno mundial que conta con millóns de seguidores no mundo. Pica aquí para velo.
Preparan os seus GPS para comezar unha xornada de xeocaching no centro de Cambados. Buscan un tesouro, ou como se coñece formalmente entre eles, a caché que alguén agochou e que agora tentan atopar guiándose por unha serie de pistas e coordenadas.
Os tesouros podemos atopalos no interior dun parafuso en pleno centro de Cambados ou no medio dun bosque. Conseguido o obxectivo o xeocacher deixa a súa firma na bitácora ou logbook, agocha de novo a caché e regresa ao sitio web de orixe para contar a súa experiencia.
O xeocaching naceu no ano 2000 en Estados Unidos. Hai cachers dispersos polos cinco continentes e algúns incluso están agochados baixo o océano. Só en Galicia hai máis de 2.200 cachers. Aventura, xogo e tecnoloxía en calquera lugar e o alcance de calquera persoa.
1 comentario:
Moitas grazas, Arturo, pola entrada sobre esta afición que tanto nos gusta!!!
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.