Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2014

CAMBADOS SOLICITA AXUDA MONETARIA DA DEPUTACIÓN



Teño unha idea, pedireille a Louzán
A pesar de querer vender que o concello de Cambados contaba con súperavit, unha vez máis vense a demostrar que os gobernantes do noso concello non saben ou non queren facer nada sen a axuda da deputación. Préstamos, contratación de traballadores eventuais etc etc, todo coa inestimable colaboración do imputado Louzán. 
Como consolo quédanos o pensar que a inutilidade non é exclusiva de Cambados xa que outros concellos, paradóxicamente coa mesma "filosofía" acuden a axuda do padriño Louzán.

Once concellos da provincia acolléronse á liña de axudas que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha para facilitarlle o saneamento das súas contas e que está incluída no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais, dotado cun total de 15 millóns de euros.
O obxectivo central deste plan é facilitar a realización de investimentos e garantir a continuidade de servizos municipais, polo que prevía a posibilidade de que os concellos destinasen un máximo do 30% da axuda que lle correspondería neste plan a gasto corrente, amortización de préstamos ou pagamento de débedas.

En total, serán 444.000 euros (un 2,96% do total do orzamento do plan) o que se destine a esta finalidade. Os concellos que solicitaron este apoio son: Agolada, que solicitou 40.212,57 euros para gasto corrente; Cambados, ao que se destinarán 49.580,37 euros para o mesmo fin; tamén para gasto corrente son as cantidades destinadas a O Grove (6.052,07 euros); Pazos de Borbén (37.463,32 euros); Portas (3.401,57 euros), Ponteareas (101.148,97 euros); Redondela (88.735,92 euros) e Silleda (13.555,46 euros).
Pola súa banda, A Cañiza recibirá 7.539,31 euros para gasto corrente e 17.190,47 para pagamento a provedores de investimentos; A Lama solicitou 38.557,34 euros para amortización de débedas, ó igual que Meis, que solicitou para este fin 40.730,58 euros.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.