Segundo explica o B.N.G. Na acta da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 31 de marzo de 2014, faise referencia a un escrito do presidente da Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos solicitando a exención de pago das taxas municipais de venta ambulante, durante tres meses do ano 2014, como feito excepcional, por mor dos fortes temporais ao non permitir desenvolver a actividade comercial.
Tamén e en referencia a este mesmo asunto, dase conta do informe da Intervención Municipal, no que se indica que non pode accederse ao solicitado pola citada Asociación, xa que a exención e bonificación de taxas como consecuencia de temporais non está prevista na actual Ordenanza Fiscal. Como queira que os veciños e veciñas de Cambados somos coñecedores de que, durante este pasado inverno, tivemos que sufrir meses de extremas inclemencias meteorolóxicas que impediron realizar actividades na rúa practicamente todos os días e que isto foi unha situación extrema e excepcional que, tamén, fixo imposible a realización do mercado municipal, o que tivo unhas consecuencias económicas negativas para o comercio en xeral e, en especial, para o comercio ambulante que ao non poder instalar na rúa as súas carpas, víronse impedidos de obter o seu habitual sustento económico durante meses. As consecuentes perdas económicas para o comercio ambulante, durante os meses do pasado inverno, foron considerables e aínda que non puideron realizar o mercado, hoxe vense obrigados a pagar unhas taxas por unha actividade que non realizaron durante meses (de xeito excepcional). Como consecuencia, o razoable sería que ante unha situación excepcional, como a descrita anteriormente, se tomara algunha solución excepcional que permita, polo menos, ofrecer facilidades para os pagos polas taxas pendentes, así como, tentar que no futuro póidase ter en conta situacións extremas como as vividas no pasado inverno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.