Louzán e señora nun acto con Ana Pastor |
O presidente da Deputación Provincial e do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, declarará como imputado ante o Xulgado de Cambados por un delito de 'cohecho' (soborno) continuado polos supostos sobreprecios nos alugueres duns locais comerciais en Navia (Vigo) que investigou a Fiscalía a raíz da denuncia dun particular.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou este venres que o Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Cambados admitiu a trámite a querela presentada pola Fiscalía de Delitos Económicos de Pontevedra.
A querela admitida a trámite implica dúas persoas máis. Trátase da esposa do presidente provincial, María Teresa Cores Fernández, como cotitular dos baixos comerciais investigados; e do deputado do PP de Pazos de Borbén Severino Reguera Varela, persoa que lle aluga os citados baixos para a súa empresa de panadarías.
No caso de Louzán e a súa muller a querela presentouse polo delito de suborno continuado do artigo 422 do Código Penal, que recolle a actuación da "autoridade ou funcionario público que, en proveito propio ou dun terceiro, admitise, por si ou por persoa interposta, dádiva ou regalo que lle foren ofrecidos en consideración ao seu cargo ou función,". O delito pode derivar nunha pena de prisión de seis meses a un ano e a suspensión de emprego e cargo público dun a tres anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.