Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2014

MOITAS FAMILIAS EN PERIGO




Familias cambadesas levan meses, algunhas moitos meses agardando pola RISGA.
O problema é a nivel galego e os datos que aportamos son a nivel galego e sendo moi xenerosos.


"Vergoñenta, inxusta e antisocial",  así consideran as familias afectadas pola tardanza na tramitación das prestacións da Renda de Integración Social de Galicia (Risga).
En decembro do 2013,  entrou en vigor a nova normativa que regula a admisión destas axudas, o proceso se está a dilatar ata tal punto que está a deixar sen protección a gran maioría de persoas solicitantes, atopándose en risco de exclusión social.
Os datos recollidos  sitúan nun 35% as solicitudes de Risga do 2013 que están pendentes de resolución.
A situación agrávase a partir do ano 2014 máis do 80% das solicitudes de Risga pendentes, e máis do 90 das de emerxencia.

As familias afectadas culpan aos responsables da Xunta xa que despois de anunciar que a Risga subiría en presuposto un doce por cento, cada vez vai máis lento o proceso.

Os solicitantes consideran que unha boa medida para evitar que estas familias sigan a padecer este mal, os concellos deberían ter en conta a hora de contratar persoal eventual ou persoal para os Obradoiros de Emprego a membros destas familias, a moitas das cales non lles entra un euro na casa.

Destacan tamén a axuda que moitas familias reciben mensualmente de "AMIGOS DE GALICIA" que lles fai máis levadera a situación.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.