Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2014

CONCURSO DE PINCHOS EN CAMBADOS


Cambados Zona Centro ao longo do mes de maio, (os fins de semana de maio a excepción do primeiro), levará a cabo, en colaboración coa Mancomunidade do Salnés, unha nova edición do concurso de Pinchos. Nesta ocasión, a característica principal será que os pinchos terán como base o cerco ( Rincha, sardiña, xurelos, etc. etc..)
Na presente edición cada local participante, terá a disposición dos seus clientes un único pincho, que se servirá ó prezo de 1 euro, e que será co que concurse no Concurso de Tapas.
Os locais participantes nesta edición serán:  O Galo Negro, Bar O Pósito, O Rincón de Noia, Cafetería Thelma, Parador de Cambados, Tapería a Casa da Fonte, A Taberna do Trasno, Pandemonium, A Casa de Miguel, A Dos Piñeiros, Lume de Leña, O Vagoviños e a Vinoteca Ribeira de Fefiñáns.
Como nas edicións anteriores, os clientes terán a súa disposición un boleto no que poderán puntuar os diferentes pinchos e participar nos sorteos que se realizarán ó finalizar o concurso.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.