Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2014

FESTA DA BICICLETA EN CAMBADOS







O xoves 1 de Maio celebrarase en Cambados unha nova edición da Festa da Bicicleta. O evento deportivo dará comezo a partir das 11.00 horas desde a Praza de Fefiñáns e os participantes farán un percorrido de 9 quilómetros  pola vila e parte das parroquias de Vilariño e Corbillón como cada ano rematando na mesmo  punto de partida.
Ademais na Praza de Fefiñáns instalaranse xogos para o goce dos máis pequenos da casa.


Este ano será obrigado o uso de casco, polo que nos tememos unha menor participación que en anos anteriores. Moita xente, entre eles nos, imos a festa da bicicleta so para acompañar aos nosos fillos. Nin usamos, nin temos bicicleta e moito menos casco.


Para poder participar é obligatorio a inscripción que se abrirá a partir das 9.30 horas.

Finalizará a xornada coa entrega dos premios. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.