Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de abril de 2014

PECHAN MÁIS POLÍGONOS DE BATEAS







Novamente a toxina diarreica aparece nas bateas galegas. Os útlimos polígonos que se viron obrigados a pechar foron os da ría de Muros e Noia, e nove da Arousa. Con todo, desde o sector están esperanzados en que o parón da extracción sexa como moito de tres meses, algo que poderían asumir, xa que este non é unha época de moita produción. Non queren pensar nunha situación como a do ano pasado.

Calma á espera dunhas análises favorables. Así se atopan os bateeiros da ría de Muros e Noia. Son dos máis afectados pola presenza da toxina lipolífica, máis coñecida como diarreica, que volve estar presente en boa parte dos polígonos mexilloeiros galegos. Eles teñen os catro pechados desde a fin de semana.
"Está dando uns quebradeios grandes de cabeza, pero é algo que non podemos controlar. Estamos un pouco impotentes. Non temos moito que facer".
Non son os únicos. A toxina tamén prohíbe a extracción en nove polígonos da ría da Arousa, en Cambados, O Grove e Ribeira. Tamén o de Baiona permanece pechado; así coma os de Cangas, Bueu e Portonovo.
Con todo, a estas alturas de campaña, a situación non é moi preocupante, xa que este non é momento de moita produción.
"De momento si é que o peche é por un mes ou dous, levaríase ben. Se despois empeza a vir o verán que é cando máis se vende mexillón, complícasenos a vida moitísimo"


A única preocupación é que se repita a situación do ano pasado, en palabras do patrón, un dos peores para o sector mexilloeiro.
"Esperemos que este ano non sexa como o pasado, senón si que vai ser un problema gravísimo. O ano pasado tivemos un desprendemento grandísimo de mexillón ao estar cerrados"

Algo que confían non suceda. Polo momento, só queda agardar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.