Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2014

125 ANOS, MOI DESCAFEINADOS






A CONSELLERÍA DE CULTURA RESPALDA OS ACTOS DO 125 ANIVERSARIO DE ASOREY.


Este é o titular tan pomposo que aparece na web do concello de Cambados e tamén en algún blog e xornal máis preocupados de arrimarse ao poder que de contar o escaso programa de actos.

En estes medios que sinalamos tan so se fala de tres actos programados.
Parece ben sinxelo e fácil que a Xunta acompañe á familia e aos alcaldes de Cambados e Santiago a ofrenda que se fixo este pasado martes ao escultor cambadés o dia que se cumprían 125 anos do seu nacemento. Sobre todo cando a ofrenda fíxose en Santiago.
Outro dos actos é o certame de escultura que non ten data e sí dotación económica.
E o terceiro acto e unha magna exposición con obras de Asorey tratando de expor obras que están a aparecer últimamente. 
Eso é ata a data de hoxe o que ten programado o Concello e a Xunta co 125 aniversario do nacemento de Asorey. 

Éncheselle a boca e total non parece un programa digno para "o mellor escultor galego" segundo destacou no seu bonito discurso o conselleiro Xesús Vázquez.
Supoño que a medida que pasen as semanas aparecerán máis actos para completar este ano ASOREY.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.