Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de marzo de 2014

OS MARIÑEIROS ADVERTIRAN QUE IAN A SEGUIR COAS MOBILIZACIÓNS





A frota do cerco avivou as súas protestas e colapsou o centro de Vigo. Os primeiros disturbios producíronse de madrugada co bloqueo do acceso ás instalacións do porto pesqueiro e cortaron o tráfico na avenida de Beiramar, o que provocou numerosos atascos e desvíos na cidade. Os manifestantes viraron e queimaron contedores do lixo, lanzaron bengalas, petardos e fixeron moito ruído con bucinas.
Reclaman unha mellor repartición de cotas.

Posteriormente concentráronse ante a Delegación da Xunta onde se despregou un amplo dispositivo policial e onde os representantes do sector intentaron, sen exito, ser recibidos. Durante a    protesta vivíronse momentos de tensión, houbo lanzamento de pedras e a policía advertiulles aos manifestantes que debían desaloxa-la zona. Despois volveron camiñanado cara ao porto.Cando o grupo volvía á zona portuaria, producíronse varias identificacións e dous dos manifestantes foron trasladados a Comisaría, segundo fontes policiais. Un deles foi simplemente identificado, mentres que o outro, un mozo de Cambados, foi detido por un suposto delito de atentado contra axente da autoridade. A Policía atribúelle o lanzamento de petardos contra os axentes, polo que foi detido e as dilixencias practicadas puxéronse en coñecemento do xulgado de garda.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.