Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de marzo de 2014

ADAPTACIÓN DE VIVENDAS AO CAMBIO CLIMÁTICO




No marco do proxecto europeo Adaptaclima II, que ten como obxectivo principal a capitalización dos estudos, análises, conclusións acadadas para adaptación das vivendas ao cambio climático e recomendacións de mitigación do mesmo na edificación, o Instituto Galego da Vivenda e Solo organiza unha serie de conferencias dirixidas a técnicos e profesionais do sector, así como outras dirixidas a promotores e usuarios de vivendas.

As conferencias destinadas a técnicos e profesionais do sector impartiranse en seis localidades galegas durante os meses de abril e maio. Posteriormente no mes de setembro realizaranse as conferencias dirixidas a promotores e usuarios nas mesmas localidades e coa mesma duración.
As conferencias para profesionais terán lugar na Coruña (8 de abril), Santiago de Compostela (29 de abril), Vigo (6 de maio), Pontevedra (13 de maio), Lugo (20 de maio), Ourense (27 de maio) e Ferrol (3 de xuño) e nas mesmas tratarase sobre:
• Introdución: Cambio Climático
• As vivendas en Galicia: Potencialidades e vulnerabilidades
• Xeografía física, núcleos rurais e vivendas: Análises de dous casos singularizados polas súas características urbanas e climatolóxicas.
• Confort sustentable
• Cálculos e simulacións
• Recomendacións de adaptación e técnicas de mitigación.
 
Os técnicos que impartirán as conferencias (Joaquín Fernández Madrid, Santiago Pintos Pena e Alberto Redondo Porto) son os que realizaron o estudo respecto ás consecuencias do cambio climático sobre as vivendas galegas, tendo en conta as evidencias de dito cambio, a xeografía física do lugar e a tipoloxía edificatoria, analizando as potencialidades e vulnerabilidades do cambio e recollendo unha serie de recomendacións para a súa adaptación co fin de acadar un confort térmico sustentable e unha redución do consumo enerxético nas vivendas.

O proxecto Adaptaclima no que participa o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) xunto con organismos de España, Francia e Portugal insírese no Programa de Cooperación Territorial Espacio Sudeste Europeo (Interreg SUDOE) sendo financiado nun 75 por cento pola Unión Europea. O orzamento total do programa é de 1.293.993,33 euros, dos que a UE achegará 970.495 euros.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.