O María Castaña do noso amigo Xan Galván é un dos mellores locais de España segundo a web 11870.com.
Por séptimo ano consecutivo os usuarios de 11870.com recoñecen o labor, o
bo facer, o servizo e a profesionalidad de máis de 2.500 sitios e
empresas distribuídos por toda a xeografía española coa entrega das súas
xa famosas estrelas que, como vén ocorrendo desde a súa fundación, son
entregadas aos negocios que se gañaron o recoñecemento dos nosos
usuarios, que coas súas valoracións e opinións, elixen os seus sitios
favoritos. A gastronomía, un ano máis, adquire un gran protagonismo,
aínda que entre os galardonados non faltan monumentos, parques, bares e
unha chea máis de categorías.Un total de 62 establecementos das provincias da Coruña e Pontevedra foron elixidos por "miles de usuarios" da páxina web 11870.com entre os mellores de toda España o presente ano.
Todos os premiados recibirán un distintivo online que lles recoñecerá dentro de 11870 como "o mellor de 2014".
Para consultar a lista de premiados con "o mellor de 2014" entrar na páxina http://11870.com/best-of/2014 e escoller a localidade na que queiras ver os premiados .
Os premiados da nosa zona son;
Casa Loliña (Carril)
Pepe Vieira (Raxó)
Casa Solla (Poio)
Casa do Che (Sanxenxo)
A Goleta (Sanxenxo)
D´Berto (O Grove)
Culler de Pau (O Grove)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.