A intervención levará consigo a escavación do trazado,
que se encherá con pedra e posterior afirmado da calzada. Con esta
actuación, está previsto que os veciños da avenida da Pastora que posúan
tractores poidan utilizalos a partir desta primavera para realizar os
labores agrícolas.
Segundo informa o Concello de Cambados, este vial foi a alternativa elixida para a circulación de tractores, despois da habilitación do sentido único na dirección do tráfico na avenida da Pastora.
Pero queda pendente a sinalización que habilite o paso a este camiño toda vez que haberá un tramo duns 50 metros por onde discurran os tractores que é dirección prohibida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.