Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2014

51 PAXINAS DAS NOSAS LETRAS







A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no acto inaugural da mostra “51 páxinas das nosas Letras”, que acolle estes días o concello ourensán do Carballiño no marco da itinerancia que está a ter en numerosos puntos da xeografía galega durante este ano. Con ela, a Xunta de Galicia, o Parlamento galego e a Real Academia Galega (RAG) conmemoran conxuntamente o 50º aniversario da instauración do Día das Letras Galegas (celebrado por primeira vez o 17 de maio de 1963).
Durante a súa intervención, o secretario xeral destacou que “os galegos e galegas levamos celebrando 51 anos o Día das Letras Galegas. Esta festa da palabra, que naceu exclusivamente como efeméride literaria, préstalle tamén acubillo a actividades que, estando fóra do ámbito propiamente literario, forman parte do día a día da cidadanía de hoxe e promoven o a dinamización social do idioma propio de Galicia”. “Baixo ese histórico parasol conmemorativo atopan hoxe sombra accións galeguizadoras (en termos de lingua pero tamén identitarias) que alcanzan a case totalidade das actividades que desenvolvemos os galegos e galegas da Galicia contemporánea”.
No acto participaron, amais de García Gómez, a presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo; o rexedor municipal, Argimiro Marnotes; o presidente 1º da Mesa do Parlamento, Miguel Santalices; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Rodríguez; e a xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, María Mercedes Gallego.
’51 páxinas das nosas Letras’
Na mostra ’51 páxinas das nosas Letras’ colaboran a Xunta de Galicia -por medio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria- o Parlamento galego e a Real Academia Galega para achegarlle á cidadanía os persoeiros aos que as Letras Galegas homenaxearon desde a instauración da súa celebración, o 17 de maio de 1963, no ano en que a efeméride chega ao seu 50º aniversario.
Integran a exposición un total de 51 medallas conmemorativas dos e das homenaxeadas, que aloxa a Cámara galega na súa Sala das Letras Galegas e que cada ano confeccionan, por encarga do Parlamento de Galicia, o caricaturista Siro López e o escultor Manuel Ferreiro. Complétanse cos perfís biográficos de cada autor, cun vídeo divulgativo e cunha edición conmemorativa.

A mostra, que iniciou a súa itinerancia en decembro de 2013 cunha primeira parada na propia sede parlamentaria, xa visitou as cidades da Coruña e de Ferrol. Logo do seu paso pola localidade ourensá do Carballiño, en cuxo auditorio municipal se poderá visitar ata o vindeiro 23 de marzo, percorrerá ata finais de ano numerosos puntos da nosa xeografía. As vindeiras paradas serán Celanova e Ourense cidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.