Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2014

PADRÓN DAS TAXAS POLO SERVIZO DE SANEAMENTO






Exposición pública do Padrón das taxas pola prestación do servizo de saneamento.

Configurado pola empresa concesionaria do servizo de saneamento, o Padrón das taxas polo servizo de saneamento, correspondente ao segundo semestre do ano 2013, o citado Padrón estará a disposición do publico durante 15 días dende a publicación do presente anuncio no BoP na oficina de ESPINA & DELFÍN, S.L. sita na rúa Ourense, número 8, Cambados, en horario de 9:00 a 13:30 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas. 

Contra estes actos poderá formularse perante o sr. Alcalde, o recurso de reposición previo ao contencioso - administrativo do artigo 14.2 do real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, nos termos previstos en dito precepto legal  neste senso, a publicación no Boletín oficial da Provincia deste anuncio, produce efectos de
notificación expresa ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria  o pago poderá efectuarse nas oficinas da empresa ESPINA & DELFÍN, S.L. abertas ao público de 9,00 a 13,30 horas, de luns a venres.
Transcorrido o período voluntario de pago establecido, ata o 31 de marzo, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento coa recarga de prema, os xuros de mora e as custas que se produzan.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.