Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de febrero de 2014

XX.SS. de GALICIA CONTRA O DESMANTELAMENTO DOS SERVIZOS SANITARIOS





 “O Partido Popular está a comezar na provincia de Pontevedra o desmantelamento da sanidade pública”
Os mozos e mozas socialistas participaron na manifestación para denunciar a marxinación de Pontevedra e a área do Salnés xunto con SOS Sanidade Pública
O Secretario Xeral alertou de que “este é só o comezo dun desmantelamento progresivo da sanidade pública que Feijóo e o Partido Popular teñen planeado para toda Galicia”
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) participan nas mobilizacións destes días organizadas pola plataforma SOS Sanidade Pública despois de que “Feijóo e a Conselleira de Sanidade modificaran a distribución dos hospitais aos que se envían aos pacientes de Vigo, Pontevedra e o Salnés”. “Esta medida persigue a potenciación do Complexo Hospitalario de Santiago que encarece os gastos dos pacientes á hora de recibir atención sanitaria”.
Segundo o Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, “isto supón un novo obstáculo que Feijóo coloca no desenvolvemento dunha sanidade pública galega de calidade, en forma de recortes, xubilacións forzosas,
reducións de profesionais, fondos e prestacións xunto coa privatización de centros como o Novo Hospital de Vigo”.
Dende a Organización alertaron de que “esta situación de marxinación da área de Vigo, O Salnés e Pontevedra provoca incomodidade e un aumento do custo económico para os pacientes que non queren ter o Hospital de Santiago como centro de referencia, senón un hospital público único en Pontevedra e dotado de todos os servizos”.
Bouza lembrou que “ademais de mobilizarnos contra a particular situación desta área de poboación, estas manifestacións tamén serven para lembrarlle ao Partido Popular que seguimos en loita en defensa dunha sanidade pública, universal e de calidade”.

O Secretario Xeral das XSG concluíu engadindo que “medidas como o copagamento dos fármacos dispensados nas farmacias dos hospitais ou a negación da sanidade a emigrantes retornados supoñen retallos
inaceptables”. “Feijóo e o Partido Popular deben rectificar antes de producir a quebra definitiva do Estado do Benestar”.
Neste senso, o Secretario Xeral das XSG Cambados, Ismael Agra, quixo destacar a discriminación que sofren os veciños da área sanitaria do Salnés, na que está Cambados. Trátase dun ataque máis da Xunta de Galicia
en política de sanidade, que se suma á eliminación da area sanitaria do Salnés e a súa integración na de Pontevedra.
Ismael Agra denuncia que os veciños de Cambados veranse moi afectados trala decisión da Xunta de Galicia de ter o Complexo Hospitalario de Santiago como centro de referencia e non un Hospital con todos os equipamentos necesarios en Pontevedra. Isto, na práctica, supoñerá un desprazamento a ese hospital, co conseguinte gasto tanto económico como de tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.