Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de febrero de 2014

AS IMPRUDENCIAS SERÁN CASTIGADAS







A imprudencia durante alertas por temporal será sancionada. Esta é a norma na que está a traballar a Xunta, para evitar que se reproduzan algunhas das situacións que se viviron neste inverno. Mentres, Galicia podería despedir hoxe coa cicloxénese explosiva Ulla o tren de borrascas que leva padecendo dende o pasado 24 de decembro
Galicia cumpre case dous meses encadeando temporal tras temporal. O elevadísimo número de incidentes que estas borrascas provocaron ó seu paso non será o único que nos deixen. Trala experiencia deste inverno, a Xunta traballa nunha normativa que penalice as imprudencias.
Aínda que a normativa actual contempla esta posibilidade, a intención da Xunta é que as sancións se poidan aplicar de xeito inmediato para que teñan un efecto disuasorio.
O conselleiro falou desta nova norma en pleno azoute de Ulla, a cicloxénese explosiva que onte afectou á comarca con ventos afuracanados e fortes chuvias. Durante toda a xornada a Xunta suspendeu as actividades ó aire libre nos centros educativos. Algúns concellos tomaron medidas adicionais. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.