Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de febrero de 2014

A FLOTA DO CERCO VOLVE A TRABALLAR






 A flota galega do cerco volvía á actividade despois de dúas semanas parada en protesta polas cotas da xarda. O sector e a administración chegaron a acordo para mellorar o reparto da xarda e do xurelo.
A xuntanza coa Conselleira do Mar permitiu chegar a un principio de acordo e desbloquear o amarre da flota cerqueira. A solución prevista para a xarda é o reparto liñal da cota outorgada a Galicia por tripulante; unha cota que tentarán incrementar solicitando que se apliquen as sancións por sobrepesca ás embarcacións responsables e non de xeito xeral. 

En canto ó xurelo, solicitan a elaboración dunha norma de extensión autonómica para xestionar a cota global de nove mil quilos na que a flota determinaría a cantidade a pescar para garantir as capturas durante todo o ano. Malia que o acordo é satisfactorio e permitiu desconvocar a folga que mantiña en terra ós cerqueiros dende hai máis de dúas semanas, a flota insiste en que non se cumpriu a principal demanda: o reparto xusto entre tódalas comunidades do cantábrico noroeste polo que seguirán loitando de cara a futuras campañas. Agora confían nas xestións que a Conselleira está a realizar ante a secretaría xeral de pesca dependente do Ministerio de Medio Ambiente para materializar todos estes acordos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.