Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2014

O XUICIO DA OPERACIÓN "ABUELO" VAI QUEDAR EN NADA




A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para mañán, martes 25 de febreiro o xuízo contra oito acodes polo uso de dinamita na pesca da sardina, na denominada "'Operación Abuelo"'.

No entanto, a Fiscalía de Pontevedra e as defensas dos acusados alcanzaron nos últimos días un acordo de conformidad que, de materializarse, evitaría a celebración da vista oral.

O acordo  fraguose o pasado luns nunha reunión celebrada na sé da Fiscalía de Pontevedra. Os procesados, entre os que figura o que foi patrón maior de Vigo, José Antonio Tizón Ferreira, e outros sete armadores e marineros, recoñecerán a súa participación nos feitos a cambio dunha rebaixa das penas solicitadas que lles permitiría eludir o ingreso en prisión.

A Fiscalía pide penas de cinco anos de cárcere para seis patróns e armadores: José Manuel López Puga, José Manuel Graña Acuña, José Antonio Tizón Ferreira, Diego Tizón Veiga, Jesús Sobral Andreu e Jorge Sobral Cabaleiro, e para o marinero, Manuel Soto Freitas.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.