Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de enero de 2014

LOUZÁN. FAI AS POUSADAS E AGORA QUERE POTENCIAR OS PARADORES





O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, defendeu onte a necesidade dun "Plan Renove" para incentivar a renovación e a adecuación das infraestruturas turísticas.
Louzán, que acudiu ó Foro de Exceltur –a asociación de empresarios turísticos máis relevante de España–, destacou onte, que, nesa mesma liña, a Deputación de Pontevedra asinará nas próximas datas un convenio coa presidenta de Paradores de España, Isabel Borrego, para levar a cabo diversas actuacións nos catro paradores de turismo de Pontevedra i, especialmente, no de Baiona.

Dende logo a primeira medida que tiña que ter tomado no seu dia era a de non gastar cartos nas pousadas para facer competencia nin aos Paradores nin hoteis da nosa comarca. Pero os escuros procederes do sr. Louzán lévano a facer extranos movementos.

Segundo explicou, o feito de que España desbanque a China do terceiro lugar do ranking mundial de recepción de turistas demostra que o sector é "un piar básico para a recuperación da economía e para a xeración de emprego".
Está moi ben o de crear emprego, é, nestes momentos o que reclama a sociedade con máis forza, pero cos millóns de euros das pousadas teríanse feitos cursos para traballadores i empresarios do sector para unha profesionalización dacordo co nivel no que nos atopamos. Cabe recordarlle que moita xente sen experiencia traballa nos veráns nos establecementos de hostelería,  cada vez menos, pero apostar por xente máis preparada sería esencial no canto de apostar por facer competencia desleal.

E como os cartos das Pousadas habían sobrar para cursos, abrir liñas de crédito para financiar as melloras dos establecementos hosteleiros da provincia, porque hai que lembrarlle que Paradores pertence ao Estado e si queren melloras que sexan con cartos do Estado e non da Deputación. Non queira facerlle o traballo de Rajoy.
España bateu o seu récord de chegada de turistas, cos 60,6 millóns de visitantes do ano 2013, e tamén a marca de ingresos, pois, só entre xaneiro e novembro de 2013, os ingresos pola chegada de turistas acadaron os 55.896 millóns, unha cifra nunca alcanzada antes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.