O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de "traballo" na Casa de Galicia en Madrid cos representantes de catorce asociacións e entidades galegas con sede na capital española.
Miranda repasou a actualidade e proxectos de futuro da diáspora galega en Madrid con directivos da Casa Galega de Fuenlabrada, Centro Galego de Madrid, Asociación Cultural da Vieira, Grupo Cultural Galicia en Madrid, Xuntanza de Galegos en Alcobendas, (cuxo presidente o é tamén da Federación de Asociacións Galegas en Madrid), Asociación Galega Corredor do Henares, Centro Galego da Serra de Madrid, Centro Galego de Móstoles, Centro Galego Noroeste de Madrid, Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, Centro Cultural Lembranzas, Centro Galego de Tres Cantos, Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, e Club de Xornalistas Galegos en Madrid.
O acto do secretario xeral da Emigración de manter xuntanzas(campaña electoral) regulares cos directivos das comunidades galegas residentes na capital española, coa finalidade de escoitar as súas reflexións e suxestións, e presentarlles as liñas de actuación da Secretaría para este ano.
Para Rodríguez Miranda a experiencia e perspectiva dos galegos residentes en Madrid poden servir como puntos de referencia importantes no artellamento de liñas de promoción de Galicia, e dos seus produtos e servizos, así como para enriquecer as accións de Emigración. Por todo esto despréndese que os galegos en Madrid apartados en parte da realidade diaria da nosa Galicia van a axudarlle a resolver os problemas que eles, a Xunta, non é quen de resolver.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.