Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de enero de 2014

SORTEO DOS PREMIOS DOS COMERCIANTES DE CAMBADOS E GRATITUDE CO B.N.G.





A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro acaba de realizar o sorteo de 1.100 euros en vales de compra correspondentes á súa campaña promocional de Nadal.

Os afortunados son:

- Vale de 500 euros: Niculina Ciovana pola súa compra en Trafos Electrodomésticos
- Vale de 300 euros: Leticia Oubiña Falcón pola súa compra en Lencería Vanely

- Vale de 200 euros: Sonia Iglesias Cancela pola súa compra en Rúa Real

- Vale de 100 euros: Maika Rodríguez pola súa compra en Viaxes Baluma Travel.
Dende a asociación “Cambados Zona Centro” quixeron  agradecer nun comunicado o apoio do B.N.G. ao comercio de proximidade levada a cabo polos nacionalistas durante as pasadas datas de Nadal.

Son conscientes da importancia do comercio de proximidade como elemento vertebrador das nosas vilas, e como a súa ausencia, non só as despoboa, se non que inflúe en outros elementos como pode ser a inseguridade cidadán. Así mesmo están convencidos de que o pequeno comercio non só xera mellores e mais postos de traballo, se non que tamén contribúe a mellorar a riqueza do noso país. Son as grandes superficies, a maioría delas estranxeiras, as que veñen facendo uso e abuso dos chamados “contratos basura”, utilizando a lexislación existente no seu beneficio e en beneficio dos seus países de orixe.
Así resumimos a nota na que os comerciantes cambadeses agradecen ao B.N.G. o seu apoio.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.