A situación que viven moitas persoas do noso entorno fai necesaria esta recollida porque entenden que unha asociación como Cáritas é primordial para atender a moitas familias cambadesas que o están a pasar mal. Ademáis hai que ter en conta que o número de usuarios de Cáritas incrementouse ó longo deste ano e as axudas administrativas en cambio disminuíron, todo elo sumado á suba de taxas do noso Concello e ó conseguinte empobrecemento da poboación.
“Este é xa o tercer ano que levamos a cabo esta iniciativa baixo o lema “Un Nadal para todos”, e a verdade é que estamos moi satisfeitos cos resultados acadados ata agora. En Cambados encontramos xente moi solidaria que nestas datas se compromete a axudar ós máis necesitados. O primer ano recolléronse tamén multitude de xoguetes que foron repartidos entre usuarios de Cáritas e de Amigos de Galicia”.
A entrega de alimentos non perecedeiros pode facerse nos supermercados e nos colexios colaboradores que teñan o cartel da campaña de recollida, así como nos propios locales de Cáritas de Cambados que están situados na Igrexa Parroquial. O horario para a entrega nos locales de Cáritas será de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas.
Esperamos que un ano máis a a sociedade cambadesa se volque de novo con esta iniciativa a favor dos máis desfavorecidos do noso pobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.