Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de diciembre de 2013

OS FURTIVOS QUERÍAN FACER O SEU AGOSTO NO NADAL







Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, e axentes da Garda Civil de Mugardos, realizaron esta madrugada un operativo en Ferrol que se saldou co comiso de 600 quilos de vieira e máis de 10 quilos de centolo. O marisco procedía das zonas da Redonda, Castelo da Palma, Nante, Mugardos e Barallobre, na Ría de Ferrol, que actualmente está pechada para a extracción deste molusco por toxina amnésica.
Os gardacostas enviaron unhas mostras ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), que realizará analíticas ao molusco para comprobar o nivel de toxicidade. No caso de que a vieira supere os límites permitidos, as persoas identificadas serían acusadas dun delito contra a saúde pública.

Outras actuacións 
Os inspectores de Gardacostas de Galicia, en colaboración coa Policía Autonómica, realizaron outras actuacións nos últimos días por todo o litoral galego. Estas actuacións saldáronse co comiso de máis de 1.100 quilos de distintas especies de peixe e marisco, 209 aparellos de pesca e 1.800 metros de artes de enmalle.
A maioría das especies comisadas pertencen a operativos realizados na ría de Arousa, onde os axentes comisaron 363 quilos, 41 útiles e 50 metros de artes de enmalle. A actuación máis significativa foi no porto de Ribeira o venres e saldouse co comiso de máis de 132 quilos de polbo de talla antirregulamentaria e 6 quilos de lumbrigante. A ría de Vigo tamén foi obxecto de inspeccións, nela os axentes comisaron 6 quilos de polbo a unha embarcación por exceso de tope.
Por outra banda, na ría da Coruña, os Gardacostas requisaron 295 quilos de distintas especies e 6 aparellos de pesca. O operativo máis destacado foi esta fin de semana e saldouse co comiso de 165 quilos de centola e coa incautación de 1.750 metros de artes de enmalle.
Marisco dunha anterior operación 

Na ría de Ares-Betanzos os axentes comisaron 294 quilos de varias especies de marisco, a maioría centola. Este marisco atopábase no interior de 7 viveiros de nasa de ferro, 2 viveiros de nasa de plástico e 3 viveiros de rede, que á súa vez foron incautados polos axentes por estar sen identificar.
A ría de Corme e Laxe tamén foi escenario de distintas actuacións nas que se comisaron 152 quilos de peixe e marisco, a maioría centola. Ademais os axentes requisaron 99 nasas de centola, 1 viveiro de madeira e 3 viveiros de salabardos. A maiores, na ría de Camariñas os Gardacostas comisaron 9 quilos de marisco, a maioría polbo e incautáronse de 47 nasas sen identificar. Na ría de Muros-Noia os axentes comisaron 9 quilos de berberecho e na ría de Ortigueira 4,5 quilos de peixe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.