Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de diciembre de 2013

OS AMIGOS RECIBEN MÁIS DA XUNTA. E SE ESCRIBEN EN CASTELÁN MELLOR






A Xunta acaba de outorgar outra nova vía de axuda aos principais grupos mediáticos de Galicia co diñeiro de todos os galegos. Desta volta son 966.025 euros repartidos entre 22 medios de comunicación.
 
Estas axudas económicas, convocadas pola Secretaría Xeral de Medios, foron repartidas en réxime de concorrencia non competitiva entre os medios de comunicación. E, novamente, La Voz de Galicia é o medio que máis leva; o 62,56% do total. Así, La Voz de Galicia recibe 583.974 euros e Voz de Galicia Radio, S.L.U, outros 20.063 euros. 
Despois do grupo de Santiago Rey está o grupo Prensa Ibérica, co 29,73% do total. Faro de Vigo recibe 234.904 euros, La Opinión de A Coruña, 28.219 e Faro de Vigo Media, S.L, 13.859. E, logo, o Grupo El Progreso, co 17,38%. El Progreso leva 108.790 euros e Diario de Pontevedra, 59.5000.
E despois está Editorial Compostela con 92.871 euros, Editorial La Capital con 78.040 e La Región con 60.954 euros, ademais de diversas emisoras de radio.
 
Esta é a listaxe completa:
 
La Voz de Galicia, S.A. 583.974,81 €
Faro de Vigo, S.A. 234.904,90 €
Editorial Compostela, S.A. 92.871,09 €
Editorial La Capital, S.L. 78.040,07 €
El Progreso de Lugo, S.L. 108.790,14 €
La Opinión de La Coruña, S.L. 28.219,03 €
La Región, S.A. 60.954,67 €
Rías Baixas de Comunicación, S.A. 22.494,00 €
Lérez Ediciones, S.L. 59.500,19 €
Radio Coruña, S.L. 32.049,86 €
Radio Orense, S.A. 20.063,32 €
Radio Pontevedra, S.A. 20.739,75 €
Sociedad Española de Radiodifusión, S.L. 13.859,72 €
Radio Vigo, S.A.U. 31.081,44 €
Radio Lugo, S.A. 17.200,07 €
Radio Popular, S.A. 50.466,88 €
Voz de Galicia Radio, S.L.U. 20.380,27 €
Uniprex, S.A. 49.720,23 €
Europa Press Delegaciones, S.A. 4.246,64 € 
Faro de Vigo Media, S.L. 16.534,11 €
Agencia Efe, S.A. 3.908,81 €

Case tres millóns

Estas axudas chegan xusto uns días despois de que a Xunta convocara outros concursos publicitarios. Así, destinará 640.000 euros en animar a ter fillos, case 500.000 a aumentar a confianza na economía galega e 793.000 para difundir o consumo do mexillón galego durante a campaña de Nadal. En total, nos últimos días a Xunta ten destinado aos medios de comunicacion máis de 2,90 millóns de euros.
 
Como ten acontecido noutras ordes da Xunta, ningún dos medios subvencionados está íntegramente realizado en lingua galega.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.