Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de noviembre de 2013

QUEIXAS DO B.N.G. POLAS OBRAS DAS COMPORTAS



Nota de prensa do B.N.G.

Os cambadeses e cambadesas poden comprobar, estes días, como deu comezo a obra de construción das comportas do Saco de Fefiñáns. Con esta obra queda claro que para o PP o realmente prioritario son os seus proxectos partidistas. 
Queda demostrado que para os proxectos do PP non hai recortes e si se executan as partidas orzamentarias da Xunta cando son do seu interese. Para o saneamento non hai cartos, para o centro de día non hai cartos e para o colexio Magariños tampouco, pero para construír unhas comportas que non se sabe cando se utilizaran nin que efectos futuros terán sobre o banco marisqueiro do Saco, si hai orzamento. Como xustifica o PP, nun momento de tremendos recortes económicos que están a producir paro e o deterioro dos servizos públicos, que se utilicen os cartos dos nosos impostos para cumprir un capricho partidista. Un capricho que, ademais, de cumprir o prometido ás mariscadoras, non poderían poñer en funcionamento ata que o banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns recupere a súa cualificación de zona B. Isto claro; se consideramos que a palabra do PP, a día de hoxe, posúe algún valor, porque o BNG dubida moito de que o PP teña algún interese en recuperar dito banco marisqueiro; máis ben todo o contrario.

O PP dedicouse estes últimos anos a enganar á xente con continuas promesas de realizar o saneamento integral da zona. Cada  vez que se viron presionados polas denuncias do BNG ou polas peticións das mariscadoras, non tiveron inconveniente en prometer nos medios de comunicación un gran investimento para realizar o saneamento da zona, pero a realidade nos demostra que todo se quedou en fume.
O PP ao deles e os cidadáns que se busquen a vida. Se aos veciños/as lles resulta difícil comprar os libros de texto, copagar os medicamentos, pagar os impostos municipais ou intentar conseguir un posto de traballo, o PP está a dicirlles que non se preocupen, que xa teñen unhas comportas no Saco de Fefiñáns; que máis queren?




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.