Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de noviembre de 2013

LOUZÁN FAI UN CAMPO DE FUTBOL SIN TER UN USO CLARO PARA O ACTUAL





O presidente da Deputación de Pontevedra visitou o contorno das obras do novo campo de fútbol municipal da Estrada. Tras a visita o presidente informou que o remate da obra do novo campo de fútbol a finais deste ano.
As obras do campo de fútbol da Estrada e a edificación anexa contan cun orzamento total de 1.233.533 euros e un prazo de execución de seis meses. Os traballos incluirán a realización da obra civil de infraestrutura básica; a construción do campo de instalación de herba artificial; bancadas cubertas; vestiarios; locais polivalentes e equipamento.
Vista de A Estrada co campo
 da Baiuca en primeiro termo
O campo sitúase no polígono 95, parcela 287, de Gendos, na Estrada; a superficie da parcela é de 179.883 m2. Na parcela está construída a Academia Galega de Seguridade.
O novo campo estará situado ó sur destas instalacións. Ó norte atópanse a piscina da Estrada, unha zona de aparcadoiro e varias pistas polideportivas. Terá unhas dimensións de 110 x 71 m, con bandas de protección de 1,5 m nos laterais e de 2,5 m nos fondos. As dimensións do terreo de xogo serán de 105 x 68 m. Incluiranse dous campos de fútbol 7 de 38 x 60 m.
As obras anexas consistirán nunha planta alta, con bancadas cubertas para 458 espectadores. Na planta baixa das bancadas estarán os vestiarios dos xogadores e árbitros, a sala de primeiros auxilios, o cuarto da limpeza, o cuarto de instalacións, almacéns, o local do club e dous locais polivalentes. No Edificio Cafetería situaranse a cafetería, os baños de uso público adaptados, o despacho de billetes e unha oficina (116 m2). Ademais, levarase a cabo a urbanización da parcela, co peche e pavimentación das áreas perimétricas e co axardinamento de zonas verdes.

Como a Estrada é un concello pequeno a construción do novo campo abre a porta á planificación urbanística dos espazos urbanos no concello pois permitirá liberar o soar da Baiuca (o actual campo) para dispoñer de solo dotacional, nun céntrico espazo da vila, a medio prazo; o PXOM contempla A Baiuca como solo dotacional. Neste ámbito poderanse concentrar equipamentos sociosanitarios ou os propios xulgados, nun espazo con zonas verdes e aparcadoiros, algo que non hai hoxe na Estrada. 
Quere esto decir que se desfai un campo para construir nel non se sabe que e así ter a desculpa para facer un novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.