Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de octubre de 2013

SEGUNDO O CONCELLO AS AXUDAS A ENTIDADES BENÉFICO-ASISTENCIAIS ELÉVANSE 8.000 EUROS RESPECTO Ó ANO ANTERIOR



Os presupostos din outra cousa.


Increméntase a cifra global das subvencións ata os 118.700 euros?
As entidades sociais e benéfico asistenciais cambadesas –sen ánimo de lucro- percibirán este ano un total de 36.000 euros en axudas económicas dos fondos municipais (8.000 euros máis que o ano anterior).
 Esperanza Salnés é a máis beneficiada con 6.500 euros, seguida da Asociación BATA con 6.000 e das Hermanitas do Asilo de Anciáns con 5.000.  Este ano incorpóranse tres novas entidades: BATA, Por Dereito e Banco de Alimentos Rías Baixas.
As axudas a o asilo que se dan no Nadal en que partida están?
As pensións dos anciáns quen as cobra?
Poucos anciáns chega a o asilo sin pensión, e o que chega sin pensión pronto fan para que a teña.

Paga impostos o asilo? Creemos que non. O asilo de Cambados non ten ánimo de lucro pero con estas axudas do Concello non subsistiría. Polo tanto é lóxico pensar que os anciáns pagan coa sua pensión os coidados que reciben.  
Estas subvencións, aprobadas na comisión informativa de Servizos Sociais, están pendentes de aprobación pola Xunta Local de Goberno (o vindeiro luns):
Asociación Esperanza Salnés                                      6.500 €
B.A.T.A.                                                                               6.000 €
Hermanitas de los Ancianos Desamparados          5.000 €
Fundación Amigos de Galicia                                      5.000 €
Asociación Disminuidos Psíquicos Con Eles          2.000 €
Cáritas Parroquial de Cambados                               1.900 €
Asociación contra o Cancro                                         1.900 €
AFASAL                                                                              1.900 €
Comité Cidadán Anti VIH Arousa                               2.000 €
B.A. Rías Baixas                                                               1.800 €
Asociación Por Dereito                                                 1.000 €
Down Pontevedra “Xuntos”                                         1.000 €
O montante global das axudas, sumando as benéficas, socioculturais e deportivas, ascende este ano a 118.700 euros, o que supón un incremento de 8.000 euros con respecto ó ano anterior.
Entidades socioculturais
Respecto ás axudas a entidades socioculturais, a contía total ascende a 19.700 euros (igual que o ano anterior). A meirande parte desta partida corresponde ás doce entidades de ocio e tempo libre que suman 7.100 euros; as culturais e musicais acadan 4.600 euros; as comisións de festas populares percibirán 3.000 euros (650€ cada unha); mentres que as Anpas dos colexios e institutos perciben 5.100 euros (675 € cada unha).
Todo esto a pesar de que non hai cartos e fai dous anos as ANPAS recibían 400€. 
Porqué non se destinan cartos a os arranxos dos colexios e sí dánselle a ANPAS, algunha delas con grandes súperavit.
Non estamos en contra das axudas senón dos baremos empregados. Non pode ser que unha ANPA que non da gastado o seu presuposto perciba axudas, que non vai gastar. Suponse que necesitan deses cartos, para ofrecer actividades a os alumn@s.  
Entidades deportivas

No apartado de entidades deportivas, dezaséis clubs cambadeses repartense este ano un total de 65.000 euros (igual que o exercicio anterior). Coma sempre, o Xuventude de baloncesto, con 17.000 euros, e o Juventud Cambados de fútbol, con 13.000 €, son os máis beneficiados conforme á baremación oficial que lles outorga a máis alta puntuación.
Por detrás quedan o club Cambados Tenis de Mesa (9.500 euros), Piragüismo Cambados (8.000 euros), o XAV de voleibol (con 6.500€) e o club Tenis Cambados (2.000 euros). O Beiramar de fútbol recibe 1.500€, o club Atletismo Cambados 1.000€, o Club Motos Vellas Salnés 1.000€, o club Deportivo San Tomé 1.000€, o club Pesca As Joritas 500€ e a Asociación Deportiva da Policía Local 250 euros.

As subvencións non valen de nada cando as instalacións como ocurre no caso dos colexios están desatendidas, desfeitas e sucias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.