O 1 de novembro deberán estar traballando as 870 persoas que a Deputación destina a os Concellos.
O 10 de outubro é a data límite para que os Concellos da provincia que desexen acollerse ó II Plan de Emprego da Deputación presenten as súas solicitudes, co obxectivo de que antes do 1 de novembro estean formalizados os 870 contratos que a Administración provincial financiará para que traballadores desempregados presten servizos básicos nos Concellos.
Na solicitude os concellos deberán indicar os servizos para os que demandan o persoal así como o perfil das persoas desempregadas que precisan contratar, tendo en conta que deberán ir destinadas obrigatoriamente á prestación ou ó desenvolvemento de servizos, tarefas e funcións de carácter prioritario.
870 novas oportunidades
O obxectivo da Administración provincial é darlles unha oportunidade de traballo ás persoas que nestes momentos se atopan nunha situación precaria. Por iso a iniciativa vai dirixida especialmente ás persoas de máis de 30 anos que non só se atopan en situación de desemprego senón que carecen de prestacións ou dispoñen unicamente de prestacións sociais básicas coma a RISGA.
Cada concello disporá de entre 8 e 17 traballadores, segundo o número de habitantes.
Financiamento íntegro dos custos salariais
Os concellos beneficiarios terán que solicitar os traballadores a través da Oficina Pública de Emprego, e encargaranse tanto de facer a selección do persoal de entre os candidatos remitidos pola dita oficina coma de formalizar os contratos.
Neste apartado voltamos a o de sempre. O Concello elixirá a os traballadores e sabendo o que pasa en certos Concellos non podemos pensar nunha limpeza absoluta do proceso de selección.
A Administración provincial correrá cos custos salariais íntegros destas contratacións, para o cal dispón dun orzamento de 3.010.953,60 euros; o salario de cada traballador será de 700 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.