Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de octubre de 2013

ESTARÁ ARAGUNDE PREPARANDOSE UNHA SAÍDA LABORAL PARA O FUTURO?





AGARDEMOS QUE COCIÑE MELLOR DO QUE GOVERNA PARA NON SER A VERGOÑA DO ESTADO ESPAÑOL


Cambados vai ser protagonista dun programa especial de unha hora de duración que será emitido na canle temática televisiva Canal Cocina, e cuxa gravación levaráse a cabo este xoves en distintos puntos do municipio.
Esta emisión, presentada por Begoña Tormo, inclúe unha sección denominada “Hoy cocina el alcalde”, na que Luis Aragunde elaborará en vivo dúas receitas: Ameixas do Serrido á prancha, e Vieiras ao Albariño.
Durante a rodaxe deste programa especial vanse gravar imaxes dunha depuradora no porto de Tragove, unha batea de mexillón no polígono cambadés, así como plantacións de viñedo albariño e unha bodega de viño da denominación de orixe Rías Baixas.
A canle temática vai realizar entrevistas a representantes da denominación de orixe Rías Baixas, do consello regulador da denominación Mexillón de Galicia, do Concello e doutros sectores relacionados coa rica gastronomía cambadesa.
Outra das paradas obrigadas das cámaras de Canal Cocina vai ser o Conxunto Histórico cambadés, con imaxes da torre de San Sadurniño, praza e pazo de Fefiñáns, ruinas de Santa Mariña Dozo e monte da Pastora, entre outras paisaxes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.