O CAMBADOS COOLTURAL deseñouse para dar máis difusión ás actividades que o Concello ven desenvolvendo, e, o que pretendemos e a participación de todos os veciños tanto do centro coma das parroquias.
9 Actos culturais e promocionais, 8 obras de de teatro, 9 concertos, 11 cursos e xornadas formativas e 8 exposicións de pintura e fotografía (un total de 45 actividades organizadas e coordinadas polo Concello) son algúns dos elementos que conforman este programa Cultural pensado para tentar chegar a todas as idades e tódolos públicos pero destacando, como ven sendo habitual, o esforzo feito coas actividades dos máis cativos. Na biblioteca Casa dos Fraga e nos centros culturais das parroquias segue apostándose pola conciliación familiar con actividades formativas e lúdicas polas tardes.
ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA
Este ano, concretamente, no dia de onte as instalacións cumpren o seu 3º aniversario polo que terá unha programación especial de actividades. Así pois ao longo do dia de hoxe agasallarase a todos os usuarios cun libro e, ademais, a partires das 20.30h haberá un pequeno espectáculo musical de Aldaolado “Con dez poemas por barba” no que se mestura tradición oral, música, poesía e diversión!
O “Día das Bibliotecas” 24 de Outubro premiarase aos socios máis activos neste 2013 e a continuación haberá unha conferencia de Luís Rei “Casa dos Fraga: de convento a biblioteca”
Ao igual que outros anos realízanse de luns a venres obradoiros de reforzo de linguas como o inglés e o francés, animación á lectura, de iniciación á informática ou xadrez. Como novidade este ano ofertouse con moi boa acollida un curso ábaco, un taller de maxia con Chrystyan Magic e outro cociña “Pequechefs de Conto” (aínda que se desenvolve na sala de catas e degustacións do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña).
Sinalar que o 3 de Xaneiro (venres) No Auditorio Municipal proxección da nova curta do cambadés Juan Galiñanes "3-1=0".
Máis información AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.