Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de octubre de 2013

DUROS RIVAIS PARA XUVEN E MARÍN





 Club Xuventude Conservas de Cambados encara o seu segundo partido da liga, despois de descansar na primeira xornada, coa intención de sumar a súa primeira vitoria na cancha do CB Prat, filial do Joventut de liga ACB (Sábado 18:15 horas).

Os amarelos, tras realizar un bo partido ante o Palma Air Europa no Pombal, buscan confirmar as boas sensacións mostradas en pretempada.
Á terceira xornada chega a Marín o primeiro rival dos considerados grandes da categoría, o Cáceres Patrimonio de la Humanidad (sábado 19:30 horas no pavillón da Raña).

O conxunto marinense buscará a sorpresa co obxectivo de situarse nunha cómoda posición na táboa antes de afrontar o seu próximo desprazamento.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.