Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de octubre de 2013

800 TRABALLADORES CONTRATARÁ A DEPUTACIÓN PARA REPARTIR POLOS CONCELLOS





Fai semanas que se sabía pero a confirmación oficial foi esta mañán.

800 postos de traballo nos concellos da provincia a partir do mes de decembro
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe as axudas do II Plan de Emprego que lles permitirán ós concellos contratar novo persoal.

A Xunta de Goberno aprobou hoxe as achegas do II Plan de Emprego 2013, polo que a Deputación facilitará a contratación duns 800 traballadores desempregados para a prestación de servizos prioritarios nos concellos da provincia.

A cada concello corresponderalle un número predeterminado de persoas en función da súa poboación. Así, os concellos máis pequenos, de menos de 2.000 habitantes, poderán contratar ata 8 desempregados, mentres que os de entre 20.000 e 50.000 terán 17 operarios.


O obxectivo da Administración provincial é darlles unha oportunidade de traballo a persoas que nestes momentos se atopan nunha situación precaria. Por iso, a iniciativa vai dirixida especialmente a persoas de máis de 30 anos que non só se atopen en situación de desemprego, senón que tamén carezan de prestacións ou dispoñan unicamente de prestacións sociais básicas coma o RISGA.

A Xunta de Goberno acordou, así mesmo, ampliar ata o 30 de novembro o prazo que os concellos teñen para proceder á contratación dos traballadores. A data establecida inicialmente era o 1 de novembro, pero debido á tramitación que require o proceso de selección (solicitude de relación de desempregados ós servizos de emprego e posteriores entrevistas e selección), considerouse oportuno ampliar o prazo para dar a suficiente marxe de tempo para contratar.

Desta forma no mes de decembro todos os traballadores estarán xa desenvolvendo o seu labor.

3 millóns de euros

Os contratos serán a tempo parcial, cunha duración de 25 horas semanais, e por un período de 6 meses. A achega da Deputación supera os 3 millóns de euros, facéndose cargo do custo salarial íntegro dos traballadores, que será de case 700 euros.
Pero quen controla a estos traballadores. En Cambados moitos deles non fan as horas debidas e pasan largos ratos agardando a que sexa a hora de remate xunta a o galpón da rúa Os Pazos ou directamente marchan para as suas casas antes desa hora.


Entre o persoal máis demandado polos concellos figuran operarios para mantemento de vías e espazos públicos; traballadores forestais e de parques e xardíns; axudantes para o fogar; peóns de obra pública; varredores; operarios de servizos varios, e algúns peóns electricistas, fontaneiros, conserxes ou peóns condutores.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.