Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de octubre de 2013

O REGALO DE LOUZÁN ESTA SEMANA VAI PARA A RESIDENCIA PRÍNC. FELIPE



Cada semán un regaliño. Case 500.000€.

 A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe, na súa Xunta de Goberno a construción dun campo de herba artificial na Cidade Infantil Príncipe Felipe á empresa Covsa en 472.650 euros.
Aproveitando esta obra a institución provincial dará tamén solución definitiva ó vello problema da recolla de pluviais no barrio de Moldes instalando canalizacións e colectores de evacuación.
O proxecto do campo de fútbol prevé instalar 7.020 m2 de céspede artificial. Marcarase un campo de fútbol 11 de 100x63, e dous de fútbol 7 de 63x45 metros. As beiras do campo terán bandas de 2 metros de ancho nos fondos e de 1,50 nos laterais. Instalarase, alén diso, unha varanda perimetral de aluminio e redes de nylon  para evitar a perda de balóns.
O campo dotarase de porterías, dúas bancadas de 8 prazas, marcador electrónico e rede de drenaxe. A obra ten un prazo de execución de 6 meses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.